Entroido da Escola
Ven celebra con nos o entroido aos festivais que imos ofrecer no Auditorio do Concello de Vigo os dias 15 e 16 de febreiro.
Lembra que para poder entrar hai que recoller unha invitación na secretaría.
O pasado xoves 24 de novembro tivo lugar no auditorio do concello o concerto de Santa Cecilia. Poidemos escoitar ao Coro Xuvenil., a Banda da Escola e a Orquestra Sinfónica.
Como xa sabedes a entrada ao concerto era con invitación, e , ainda que ao comezo do concerto quedaban sitios valeiros, enchéronse logo coas personas que non tiñan invitación.
Grazas
Ah.. o vindeiro concerto será o 21 de nadal. Tamén no auditorio do Concello.
O vindeiro 21 de nadal faremos un concerto para despedir o ano 2011 e recibir o vindeiro 2012 con moitas gañas.
Como somos un montón faremos dous pases,
un primeiro pase ás 18:00 horas no cal actuarán a orquestra de corda, a banda e a orquestra sinfónica.
un segundo pase ás 19:30 no cal poderemos oir as voces da escola cos: coro infantil, xuvenil, adulto e o coro shor da escola de música de vigo.
Para asistires teredes que recoller unha invitación na secretaria do centro.
Boas festas
O vinderio 24 de novembro , día de Santa Cecilia, faremos un concertro no Auditorio do Concello de Vigo.
Este concerto servirá tamén, como acto de inauguración do curso 2011-2012.
Nesta ocasión poderemos escoitar a Banda da Escola, a Orquestra da Escola e o coro de adultos… haberá unha sorpresa.. non volo perdades.
Xa sabedes que para acceder ao auditorio do Concello teredes que ter entrada que repartiremos na Secreatria da Escola.
As personas que saian admitidas no sorteo das prazas terán que formalizala matrícula.
O prazo de matrícula comezará o vindeiro luns 19 de setembro e se prolongará ata o venres 23 do mesmo mes.
Para formalizala matrícula tedes que pasar pola secretaria da escola en horario de 16:30 a 20:30 e traer a seguinte documentación:
- tres fotos recentes
- copia DNI
- certificado médico
- empadronamento
- datos conta bancaria para domicilialo pago
Ah¡¡ se tedes interese en escoller un grupo ou horario de clase sabede que se escollera por orde de chegada.
A partires do mesmo mércores 14 publicaremos as listas de admitidos na web da escola, para elo so especificaremos nº de inscripción no rexistro de solicitudes.
O vindeiro mércores 14 terá lugar o sorteo das prazas que a Escola Municipal de Música de Vigo oferta para o curso 2011-2012.
O sorteo comezará as 17:00 horas do seguinte xeito:
- As 17:00 sortearanse as prazas de música e movemento. Comezando por música e movemento 1 logo música e movemento 2, despois música e movemento 3 e por último música e movemento 4.
- As 18:00 horas faremos o sorteo das prazas de Básico 1 Xuvenil. Neste caso será un único sorteo.
- As 19:00 horas farase o sorteo para Básico 1 Adulto. NEste caso tamén faremos un único sorteo.
Lembrarvos que a lista de solicitantes esta´ra exposta dende o luns na Escola Municipal de Música de Vigo.
Se tedes algunha dúbida podedes mandarnos un correo a info@esmuvigo.es.