ENTROIDO 2020

Os vindeiros días 19 e 20 de febreiro (mércores e xoves), celebraremos o noso Entroido 2020 con un conto musicado polos instrumentistas e cantantes máis xoves da Escola.

As agrupacións de Conxunto orff, Coro infantil, orquestra infantil e Banda infantil porán a música a un conto moi divertido “Corre Corre Cabaciña”, con texto de EVA Mejuto a partires dun conto tradicional portugués.

Non vin vella nin velliña, nin velliña nin vellón. Corre corre, cabaciña. Corre corre, cabazón!, respondía á cabaza que ía rodando polo camiño, ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león. Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras?

Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.

Pois asi.. corre que te corre.. estaremos no Auditorio do Concello de Vigo o Mércores 19 eo Xoves 20 ás 18:00 horas.

2020-02-19 entroidoweb

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s