Escola virtual

 

Dende o sía 16 de Marzo de 2020 o claustro de profesoras e profesores da Escola Municipal de Música de Vigo seguimos coas actividades da Escola de Música dentro da nosa Escola Virtual. Alí as alumnas e alumnos atoparedes as actividades que cada profesor esta a desenvolver para que, dende a casa, poidades seguir facendo música.

Todos os mestres queremos enviarvos un montón de enerxía para que teñades esta tempada, e lembrarvos que facer cousas e estar entretido é a mellor forma de non aburrirse.

Seguimos pensando en actividades para todos vos, así Estefanía está a propoñer retos de linguaxe musical que podedes ver no blog de linguaxe musical e tamén na web. Todos os que queirades participar estades convidados¡¡¡

Tamén se están a propoñer outros retos en instrumentos concretos, así dende a aula de Clarinete esta semana fixeron unha montaxe do tema “The wall” de Pink Floyd que o poderedes ver na web.

Outras iniciativas son estas: Concerto virtual da aula de piano, audición online de clarinete, e outras que vos iremos informando.

Queremos agradecer o apoio da Asociación de Nais e Pais que dende o primeiro dia de estado de alarma estiveron en contacto con nos animándonos e agradecendo o esforzo que estabamos a realizar.

Moitas grazas a todos e que a seguir coa música ¡¡¡¡

aulavirtual

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s