Estimados pais/nais:
Queremos comunicarvos que ante esta nova situación provocada polo Covid-19, no claustro de profesores/as decidiuse facer neste 3o trimestre unha avaliación en positivo. Polo tanto, o profesorado teremos en conta o traballo do alumnado durante as clases presenciais ata as restricións de confinamento. A partir dese momento a valoración terá en conta o traballo do alumnado para subir nota, nunca para baixala.
Se por algunha razón o alumnado non asiste ás clases online non se verá prexudicado.
Así mesmo, por esta mesma razón, non se fará a proba de acceso ao Nivel Avanzado e teremos en conta os criterios anteriormente mencionados.
Lembrade que a través dos blogs tendes toda a información das tarefas semanais das distintas materias. É conveniente que entredes na p. web con frecuencia.
Na Aula Virtual, na pestana de Galería, tedes a vosa disposición o material elaborado polo profesorado sobre os vídeos e audios que lle envía o alumnado.
A pasada semana comezaron as sesións con vídeo conferencia nas materias de Formación Complementaria e Música e Movemento ca plataforma jitsi. Así que, se aínda non vos conectáchedes, poñédevos en contacto co profesor/a correspondente a través do seu correo. Para conectarvos só tendes que seguir os seguintes pasos:
Para acceder á web dende o ordenador:
2- Pinchar no recadro que pon “Start a call”
3- Poñer a palabra clave que vos indique o profesorado e premer “go
Para acceder á vídeo conferencia dende o móbil:
1- Descargar a aplicación jitsi meet
2- Pinchar no recadro que pon “Start a call”
3- Poñer a palabra clave que vos indique o profesorado e premer “go
Desexamos que todos vós esteades ben de saúde e con ánimo para continuar.
A Direcció