Encontro Musical Os Biocos

Imagen

 

 

No mes de Marzo do 15 ao 17 terá lugar  o Encontro Musical Anul. Este ano terá lugar o albergue Os Biocos en Pobra de Trives.

Como ven sendo habitual o encontro rematará cun concerto musical.

Entroido 2012

15 e 16 de febreiro

Entroido da Escola

Ven celebra con nos o entroido aos festivais que imos ofrecer no Auditorio do Concello de Vigo os dias 15 e 16 de febreiro.
Lembra que para poder entrar hai que recoller unha invitación na secretaría.

Concerto Santa Cecilia

O pasado xoves 24 de novembro tivo lugar no auditorio do concello o concerto de Santa Cecilia. Poidemos escoitar ao Coro Xuvenil., a Banda da Escola e a Orquestra Sinfónica.
Como xa sabedes a entrada ao concerto era con invitación, e , ainda que ao comezo do concerto quedaban sitios valeiros, enchéronse logo coas personas que non tiñan invitación.

Grazas

Ah.. o vindeiro concerto será o 21 de nadal. Tamén no auditorio do Concello.

Concerto de Nadal

O vindeiro 21 de nadal faremos un concerto para despedir o ano 2011 e recibir o vindeiro 2012 con moitas gañas.

Como somos un montón faremos dous pases,

un primeiro pase ás 18:00 horas no cal actuarán a orquestra de corda, a banda e a orquestra sinfónica.

un segundo pase ás 19:30 no cal poderemos oir as voces da escola cos: coro infantil, xuvenil, adulto e o coro shor da escola de  música de vigo.

Para asistires teredes que recoller unha invitación na secretaria do centro.

 

Boas festas

 

Concerto Santa Cecilia

O vinderio 24 de novembro , día de Santa Cecilia, faremos un concertro no Auditorio do Concello de Vigo.

Este concerto servirá tamén, como acto de inauguración do curso 2011-2012.

Nesta ocasión poderemos escoitar a Banda da Escola, a Orquestra da Escola e o coro de adultos… haberá unha sorpresa.. non volo perdades.

Xa sabedes que para acceder ao auditorio do Concello teredes que ter entrada que repartiremos na Secreatria da Escola.

Matrícula curso 2011-2012

As personas que saian admitidas no sorteo das prazas terán que formalizala matrícula.

O prazo de matrícula comezará o vindeiro luns 19 de setembro e se prolongará ata o venres 23 do mesmo mes.

Para formalizala matrícula tedes que pasar pola secretaria da escola en horario de 16:30 a 20:30 e traer a seguinte documentación:
– tres fotos recentes
– copia DNI
– certificado médico
– empadronamento
– datos conta bancaria para domicilialo pago

Ah¡¡ se tedes interese en escoller un grupo ou horario de clase sabede que se escollera por orde de chegada.

Sorteo de prazas para o curso 2011-2012

O vindeiro mércores 14 terá lugar o sorteo das prazas que a Escola Municipal de Música de Vigo oferta para o curso 2011-2012.

O sorteo comezará as 17:00 horas do seguinte xeito:
– As 17:00 sortearanse as prazas de música e movemento. Comezando por música e movemento 1 logo música e movemento 2, despois música e movemento 3 e por último música e movemento 4.
– As 18:00 horas faremos o sorteo das prazas de Básico 1 Xuvenil. Neste caso será un único sorteo.
– As 19:00 horas farase o sorteo para Básico 1 Adulto. NEste caso tamén faremos un único sorteo.

Lembrarvos que a lista de solicitantes esta´ra exposta dende o luns na Escola Municipal de Música de Vigo.

Se tedes algunha dúbida podedes mandarnos un correo a info@esmuvigo.es.

Escola Municipal de Música de Vigo